Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat.
Avanzan timidamente cara á redución dos plásticos. Comprométense a reducir un 20 % dos seus plásticos para 2025. Teñen unha estratexia ben desenvolvida, pero precisamos que o seu compromiso sexa máis ambicioso e que aposte fortemente por modelos reusábeis que permitan a eliminación de envases e por unha oferta a granel maioritaria. Venderán mallas reutilizábeis para mercar froita e verdura a granel en 2020. Polo de agora, a eliminación de envases só ocorreu para algúns produtos de froita e verdura. O resto de medidas céntranse na reciclabilidade, redución do envase ou substitución por outros materiais.
Definíndose, mais apostando pola venda a granel de froita e verdura. Aínda non teñen unha estratexia ben definida, pero foron dando algúns pasos de redución no último ano. A súa estratexia está a desenvolverse de forma interna, pero non hai un compromiso firme por parte da dirección. Por tanto, parece que non apostarán polas alternativas reutilizábeis. O meirande avance foi o realizado na sección de froita e verdura, onde aumentaron nun 35 % as súas referencias a granel. Os seus plans céntranse na reciclabilidade, a redución e a substitución, malia non existir aínda un plan aprobado.
Apostan claramente pola substitución, aínda que teñan alternativas reusábeis. Carrefour non nos presentou os seus compromisos este ano, mais a nosa avaliación continua e os seus comunicados públicos permitíronnos coñecer o seu avance.
Caída en picado por teren cada vez máis envases en troques de os eliminaren. A súa estratexia céntrase case exclusivamente na reciclaxe e na redución do tamaño do envase. Apostan polos biodegradábeis e polas falsas solucións e non teñen plans de reutilización. Co seu novo modelo de tenda, cada vez atopamos un meirande número de envases. A eliminación implantada é, polo de agora, anecdótica.
Avanzan dando pasos, pero quédanlles moitos envases que eliminar. Comprométense a reducir, como mínimo, un 20 % dos seus plásticos para 2025. Cunha estratexia clara dende 2018, foron cumprindo os seus compromisos ata agora. Porén, as opcións reutilizábeis son aínda anecdóticas e a meirande parte dos seus produtos seguen a estar sobreenvasados. O seu plan baséase maioritariamente na reciclaxe e a diminución do tamaño ou grosor dos seus envases. Na froita e verdura, apostaron pola eliminación completa do envase nun 13 % das súas referencias e eliminaron tamén todos os vasos, pratos, pallas para beber e cubertos desbotábeis dos seus establecementos.
Transparentes e apostando pola redución, pero precisa máis eliminación. Comprométense a reducir un 20 % dos seus plásticos para 2025. Aínda que están a apostar pola venda a granel e as alternativas reutilizábeis, a súa redución de plásticos comporta seguir alimentando a cultura do usar e desbotar con outros materiais como o papel. Hai que recoñecerlles que seguen a probar opcións novas para aumentar os reutilizábeis e os produtos a granel e que aumentaron as súas referencias de froita e verdura a granel nun 5 % máis. Permiten que o cliente leve o seu propio envase para mercar produtos frescos e venden unha malla reusábel para mercar froita e verdura a granel.
É o compromiso máis ambicioso, pero non garante a eliminación completa. Comprometéronse a reducir os seus envases plásticos nun 30 % para 2025 e nun 50 % para 2030. Malia teren o obxectivo máis ambicioso entre todos os supermercados, é importante o xeito no que se consegue esta redución. A súa estratexia céntrase en substituír por outros materiais e reducir tanto o tamaño como o grosor dos seus envases, que non é o mesmo ca eliminar directamente un 50 % dos seus envases. Algunhas as súas medidas si que se dirixen a eliminar directamente os envases. Por outra banda, as súas medidas para fomentar a reutilización tamén contribúen ao seu obxectivo de redución. Permiten que o cliente leve o seu propio envase para mercar produtos frescos e venden mallas reusábeis para mercar froita e verdura a granel.
Substituír o plástico por papel ou materiais compostábeis e usar plástico reciclado non é suficiente para frear a contaminación por plásticos. En El Corte Inglés avanzaron dende o ano pasado e teñen plans concretos, pero precisan seguir creando alternativas reutilizábeis e profundar na eliminación completa de envases. Teñen plans para reducir os seus plásticos e comprometéronse a que os seus envases sexan 100 % reciclábeis, compostábeis ou reusábeis para 2025. Porén, non sabemos en que medida apostarán polos reutilizábeis e, polo de agora, vemos moita substitución de materiais. Permitirán que as persoas consumidoras leven o seu propio envase para mercar produtos frescos e venderán unha malla reusábel para mercar froita e verdura a granel en 2020.
Duis aute irure dolor in reprehenderit in voluptate velit esse cillum dolore eu fugiat nulla pariatur. Excepteur sint occaecat cupidatat non proident, sunt in culpa qui officia deserunt mollit anim id est laborum.
Licenciado en Biología por la Universidad Complutense de Madrid, Post-grado en Ordenación del Territorio por la Universidad Politécnica de Valencia y Diplomado en Educación Ambiental por la UNED. Responsable de las campañas de Bosques y Empresas y DDHH en Greenpeace España. Twitter: @NanquiSoto
26
posts
¡ Comparte !
Comentarios
Daniel
11/12/2018
He tenido la suerte de haber ido a borneo, he acariciado a los oranguntanes que has sido o se estan reinsertando nuevamente en su habitad. El aterrizaje en aquella isla es tan espectacular como aterrador, al ver desde el cielo las calvas de vegetacion y arboleda que alli se esta ejetutando. Mil gracias por vuestro es esfuerzo. Muy agradecido y orgulloso de formar parte de greenpeace
Alejandra Silva
12/12/2018
Gracias de todo corazón💚
Sandra
12/12/2018
Aplaudo esta acción, @greenpace admiro muchísimo su trabajo y valentía sigan así cuidando este pedacito de tierra que tenemos la dicha de ser parte.
Sara
12/12/2018
Gracias!! Es la mejor noticia que podia oír... sentía una tremenda impotencia y preocupación.
Comentarios
He tenido la suerte de haber ido a borneo, he acariciado a los oranguntanes que has sido o se estan reinsertando nuevamente en su habitad. El aterrizaje en aquella isla es tan espectacular como aterrador, al ver desde el cielo las calvas de vegetacion y arboleda que alli se esta ejetutando. Mil gracias por vuestro es esfuerzo. Muy agradecido y orgulloso de formar parte de greenpeace
Gracias de todo corazón💚
Aplaudo esta acción, @greenpace admiro muchísimo su trabajo y valentía sigan así cuidando este pedacito de tierra que tenemos la dicha de ser parte.
Gracias!! Es la mejor noticia que podia oír... sentía una tremenda impotencia y preocupación.
Añadir comentario