Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Malesuada fames ac turpis egestas maecenas pharetra convallis posuere.
Segundo a FAO, cada ano desaparecen
8,8 millóns
de hectáreas de bosque, unha superficie superior a toda Andalucía
Entre 2000 e 2013 degradouse un
8 %
dos bosques primarios que quedan no planeta
Un
12 %
dos gases de efecto invernadoiro proceden da deforestación e outros cambios no uso do territorio
Un tractor transporta troncos. Vista aérea de la construcción de la presa de Belo Monte. Zona deforestada en el Amazonas

Test your visualisation

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat.


Please note that you can easily translate the chart bellow from es-ES to the language of your site: duplicate the file _data/original.yml, translate your copy of that file and finally change the lang_file setting in the file es/gl-page.html

Duis aute irure dolor in reprehenderit in voluptate velit esse cillum dolore eu fugiat nulla pariatur. Excepteur sint occaecat cupidatat non proident, sunt in culpa qui officia deserunt mollit anim id est laborum.

A solución

Malia a gran variedade de ameazas que destrúen os bosques primarios, aínda hai tempo de reacción, pero é urxente tomar certas medidas para poder salvalos:

  • Dar prioridade á protección dos bosques primarios a través do cumprimento dos compromisos adquiridos nos acordos multilaterais e dunha mellor gobernación mundial que dea prioridade á conservación da biodiversidade e aos dereitos dos pobos indíxenas.
  • As empresas que operan en países con bosques primarios deben implantar políticas para promoveren a responsabilidade empresarial en materia de medio ambiente, dereitos humanos, loita contra a corrupción, etc. que eviten a súa posíbel participación en proxectos que puideren ter un impacto negativo sobre estes ecosistemas.
  • As administracións, a través da contratación pública, deben dar prioridade a aqueles produtos que non estean asociados á destrución dos bosques nin á violación de dereitos humanos.
  • A cidadanía debe adoptar estilos de vida e consumo sostíbeis, evitando o consumo innecesario, non desbaldindo recursos e realizando unha compra consciente e comprometida co planeta e cos dereitos humanos.

Que está a facer Greenpeace

Greenpeace, xunto coas comunidades locais que habitan nestes bosques, traballa para evitar a destrución e degradación dos bosques primarios do planeta.

Investigamos e documentamos como a expansión agrícola para a produción de gando, soia ou aceite de palma está detrás da meirande parte da destrución da selva tropical na Amazonía ou en Indonesia. Tamén investigamos e expuxemos o papel da industria forestal na degradación dos bosques para a produción de madeira ou papel.

Non só investigamos e denunciamos. Tamén esiximos aos gobernos que eviten a importación de produtos forestais procedentes de tallas ilegais e que poñan en marcha políticas de deforestación cero, que loiten contra a deforestación como forma de cumprir co Acordo de París contra o cambio climático. E facemos campañas para que as grandes multinacionais limpen as súas cadeas de subministración de materias primas que proceden da deforestación. Ou falamos cos bancos para que deixen de financiar aos actores económicos que destrúen os bosques. Ou enfrontámonos coas empresas eléctricas, construtoras ou aseguradoras que se embarcan en proxectos destrutivos para o medio ambiente e os dereitos humanos.

Dende Greenpeace traballamos para demandar e propoñer distintas solucións a un problema tan complexo como os incendios forestais de alta intensidade, que se converteron nun problema ambiental e social de primeira magnitude, para minimizar as súas consecuencias.

«Dende hai máis de 20 anos, elaboramos campañas nas selvas tropicais da Amazonía brasileira, a Conca do Congo e Indonesia; e tamén traballamos en países con bosques boreais como Canadá, Finlandia ou Rusia»